noticias-2008

seguinte

Curso de Manipulador de Alimentos organizado por FEBAM

Tui, 24/05/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño, FEBAM, organiza o próximo martes, 27 de maio, un novo Curso de Manipulador de Alimentos para todo aquel que queira asistir.

O horario é de 17.00 horas a 20.00 horas.

Para máis información as persoas interesadas poden visitar a sede social de FEBAM, na rúa Martínez Padín, número 11, de Tui, ou chamar ao número de telefóno 986 60 50 84, onde se lles facilitará máis información.

As listas están abertas para acudir a este Curso.

 

Novo folleto de ofertas de FEBAM

Tui, 07/05/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM , de entre a ampla variedade de servizos que ofrece, está o de promocionar ós seus establecementos asociados mediante a elaboración dun Folleto de Ofertas quincenal.

    En dito folleto, do que se fai unha tirada de 5.000 exemplares, divulgándose por tódolos establecementos comerciais da zona, aparecen as ofertas que os nosos asociados queren promocionar.

    Ademais estes folletos van dedicados cada mes a un tema diferente, como o folleto do mes de maio, dedicado ó “Día das Letras Galegas” e a un Comercio en Galego e de Calidade.

    Este servicio é totalmente gratuíto para os nosos asociados.

 

FEBAM sorteou os agasallos do Día da Nai

Tui, 07/05/2008. Onte, mércores día 7, ás 11.00 da mañá tivo lugar na sede da Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, C/ Martínez Padín, 11 – Tui, o sorteo dos agasallos da Campaña de Promoción do Comercio do Día da Nai “Acórdate Dela”, cuxos agasallos  consistían nunha Viaxe a Canarias e en cinco vales – compra de 20 €.

     Os números premiados foron os seguintes:

Viaxe a canarias: 8.124

Vale de compra: 2.841

Vale de compra: 439

Vale de compra: 7.562

Vale de compra: 6.215

Vale de compra: 4.106

     A Viaxe a Canarias correspondeu ao número 8.124 e foi entregado no establecemento de Tui “Volvoreta”.

     Os establecementos que premiaron ós seus clientes serán informados puntualmente coa cartelería necesaria e tódolos demais establecementos participantes en dita campaña disporán dunha lista con tódolos números premiados.

 

Curso de manipulador de Alimentos en FEBAM

Tui, 07/05/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, debido á grande demanda tanto do sector da hostelería e alimentación como doutros sectores, organiza o próximo mércores 21 de maio un novo curso de Manipulador de Alimentos de tres horas de duración.

    Aquelas persoas interesadas en dito curso poden anotarse a través del teléfono 986 60 50 84 ou visitando a nosa sede na Rúa Martínez Padín, 11 – Tui.

 

FEBAM entregou os agasallos do Día do Pai

Tui, 06/05/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, con sede na Rúa Martínez Padín número 11, Tui, fixo o mércores, día 30 de Abril, a entrega dos agasallos  aos agraciados na Campaña do “Día do Pai”.

Trátase, así,  de premiar a confianza que os clientes depositaron nos establecementos comerciais de Tui e fomentar o comercio da localidade.

Ditos premios foron entregados nos seguintes establecementos: Merca 99 da rúa Compostela, Mirabel Cociñas – Grupo Lareira, Play, J.Pazo, Mobles Costa, Quimera, Clínica Veterinaria San Roque, cafetería O Irlandés e Cine Bank.

Esta campaña, como todas as demais, resultou totalmente gratuíta para os asociados e contou coa colaboración da Federación Galega de Comercio, a Consellería de Innovación e Industria e o Banco Pastor.

  

Febam promove un estudo sobre a afluencia dos portugueses na comarca no Día de Portugal

Tui, 29/04/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, vén de rematar un estudo estatístico levado a cabo polo seu persoal técnico sobre o nivel de afluencia que tiveron os restaurantes e establecementos comerciais do Baixo Miño co gallo do Día de Portugal celebrado o venres 25 de abril.

Deste estudo recadáronse os seguintes datos:

Na comarca do Baixo Miño, e en relación co sector da restauración, segundo os resultados obtidos, houbo un incremento dun 10% en comparación con calquera outra fin de semana, o que supón unha ocupación dos restaurantes nun 60,90%.

Aínda reflectíndose este aumento do 10% no sector gastronómico, cabe destacar que en relación a anos anteriores este sector sufriu un descenso de afluencia dun 20%.

Por outra banda no que se refire ó sector do pequeno comercio o incremento de clientes situase en torno ó 5%, o que non significou un incremento das vendas.

Hai que destacar que en certos concellos como é o concello da Guarda, a afluencia de visitantes notouse máis no sector gastronómico e de restauración, namentres que noutros, como é o caso de Tui, esta afluencia destacou moito máis no sector comercio.

Cos resultados acadados con este estudo levado a cabo dende a Federación de Empresarios do Baixo Miño-FEBAM, preténdese coñecer a realidade e o interese turístico e comercial da comarca, para cumprimentar con estudos posteriores e facer un seguimento en anos vindeiros, e así facer fronte ás posibles debilidades para mellorar e adaptarse ás demandas futuras co fin de acadar un comercio e unha restauración de calidade.

 

FEBAM pon en marcha a campaña do Día da Nai co lema “Acórdate dela”

Tui, 17/04/2008. Onte, 16 de abril, presentouse na sede de Febam a campaña do Día da Nai  baixo o lema Acórdate Dela.

    O obxectivo desta campaña é a promoción do comercio local. “Acórdate dela” anúnciase de xeito innovador e diferente, de acordo á forma en que está estruturada a sociedade hoxe en día.

    A campaña “Acórdate dela”, premiará a fidelidade dos clientes sorteando:

             1 viaxe a Canarias

             5 Vales-compra de 20€

 

“Plan Dinamizador Turístico e Comercial para a Comarca do Baixo Miño” de FEBAM

Tui, 10/04/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM)  optou por dar un paso firme e decidido de cara á mellora continua da calidade e prestación dos servizos que ofrece, coa finalidade de lograr a plena satisfacción en expectativas e necesidades. Coherente coa súa determinación, FEBAM adquire o compromiso de optimizar a xestión de todas as súas areas e departamentos, mediante o desenvolvemento, e seguimento dun “Plan Dinamizador Turístico e Comercial para a Comarca do Baixo Miño”.

    Este compromiso materializase en :

            - Desenvolvemento das súas funcións co maior nivel de calidade dentro do marco legal establecido, procurando acadar a maior satisfacción posible de todos os grupos involucrados, así como a consecución dos obxectivos previstos. 

              - A posta a disposición de ferramentas de valoración que permitan coñecer o grao de satisfacción acadado recollendo opinións, comentarios e suxerencias co fin de optimizar a calidade dos nosos recursos do Baixo Miño

             - O fomento da participación de todos os axentes neste esforzo de superación e mellora, transmitindo a misión,  visión e valores da nosa realidade.

           - Fomento da innovación que garante a adaptación constante do sector turístico e empresarial.

    Deste xeito, esta política de promoción e dinamización está acorde co marco estratéxico da nosa organización.

Misión:

   - FEBAM pretende que a comarca do Baixo Miño sexa un referente en materia turística e empresarial tanto para os visitantes como para os cidadáns e axentes socio – económicos.

         - A Misión da Federación é proxectar a imaxe do Baixo Miño no exterior, como un destino de calidade e co obxectivo do aumento do impacto económico e turístico; sensibilizando aos habitantes comarcais da importancia do turismo e o comercio nesta área, promovendo o desenvolvemento empresarial e acollendo aos visitantes.

          - Intensificar e mellorar a promoción do Baixo Miño como referente de destino turístico, tanto a nivel nacional como internacional, transmitindo ao exterior a idea dunha zoa aberta, acolledora, sostible, participativa e solidaria que se preocupa por cubrir as expectativas tanto do residente coma do turista, de forma que se coñeza e valore esa imaxe de actividade e calidade.

    Este paso firme e compromiso adquirido, irá acompañado doutras medidas coma o “Estudio Turístico da Comarca do Baixo Miño”, no que FEBAM traballando dende inicios do 2008.

 

Curso de Manipulación de alimentos

Tui, 26/03/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, organiza o próximo martes,  29 de abril un novo “Curso de Manipulación de Alimentos” de tres horas de duración comprendidas entre las 17:00 horas e as 20:00 horas.

Tódolos interesados en dito curso poden acercarse á sede de FEBAM sita na Rúa Martínez Padín nº 11 – Tui ou chamar  ao número de teléfono 986 60 50 84 para recibir máis información.

 

Reparto de información sobre o "Distintivo Calidade do Comercio Galego"

Tui, 26/03/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, repartiu entre o comercio da localidade  a circular informativa da asociación en colaboración coa Federación Galega de Comercio para a implantación do "Distintivo Calidade do Comercio Galego".

      Acompañando á circular entregouse un díptico informativo da Consellería de Innovación e Industria da Dirección Xeral de Comercio.

       Coa información dada desde FEBAM preténdese dar a coñecer o distintivo "Calidade do Comercio Galego

    

Números premiados na Campaña do Día do Pai de FEBAM

Tui, 26/03/2008. Onte, 25 de marzo ás 11.00 horas, tivo lugar na sede da  Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, rúa/ Martínez Padín número 11, Tui, o sorteo dos agasallos da Campaña de Promoción do Día do Pai entre os clientes dos establecementos asociados.

Os números premiados foron os seguintes:

Televisor:       6.141

Televisor:       5.915

DVD:                8.539

DVD:                1.402

Vale Compra: 3.452

Vale Compra: 2.322

Vale Compra: 1.104

Vale Compra: 8.150

Vale Compra: 4.120  

    Ditos números serán comunicados a todos os establecementos  participantes na devandita campaña e os agraciados deberán dirixirse á Federación para recibir o seu premio.

  

A comarca do Baixo Miño superou a media de ocupación provincial na pasada Semana Santa

Tui, 25/03/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, vén de rematar un estudio estatístico levado a cabo polo seu persoal técnico sobre o nivel de ocupación dos establecementos hoteleiros da comarca do Baixo Miño durante a Semana Santa.

Deste estudo recadáronse os seguintes datos: Na comarca do Baixo Miño segundo os resultados obtidos, houbo unha ocupación  dun  77,93 %.

     Por localidades, A Guarda: tivo unha ocupación do 90 %; Tui: contou acadou un 86,66 %; Tomiño: tivo unha ocupación do 60 %, Oia: contou cunha ocupación dun  98 % e O Rosal: conseguiu un  55% de ocupación.

     A media de ocupación hoteleira da comarca superou á media da provincia aproximadamente nun 20 %. Cos resultados acadados con este estudo levado a cabo dende a Federación de Empresarios do Baixo Miño, preténdese coñecer a realidade e o interese turístico e de ocupación hoteleira da comarca, para cumprimentar con estudos posteriores e facer un seguimento da ocupación en anos vindeiros, e así facer fronte ás posibles debilidades para mellorar e adaptarse á realidade turística e ás súas demandas futuras.

 

Folleto de ofertas de FEBAM dedicado ao Día do Pai

Tui, 19/03/2008. Como tódolos meses, a Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM, volve promocionar os seus establecementos asociados mediante a elaboración do novo Folleto de Ofertas, correspondente ao me de marzo que se distribúe polos establecementos comerciais da zona.

        Este folleto, do que se fixo unha tirada de 5.000 exemplares e que  ten carácter mensual, estando vixente a partir da segunda quincena de cada mes, vai dedicado á festividade do 19 de Marzo: “Día do Pai”.

        No Folleto de ofertas aparecen todas as ofertas que os asociados queren promocionar de forma totalmente gratuíta.

 

Novo Curso de Manipulación de Alimentos organizado por FEBAM

Tui, 11/03/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, debido á grande demanda no sector tanto da hostelería como da alimentación, organiza un novo “Curso de Manipulación de Alimentos” que terá lugar o xoves, 13 de marzo.

Este curso constará de tres horas de duración e impartirase na sede da Federación, na rúa Martínez Padín, 11 – Tui.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 986 605084.

 

FEBAM premiará aos clientes dos establecimentos asociados con televisores, DVD e vales compra

Tui, 05/03/2008. Onte, 4 de marzo, ás 11.00 horas, Carmen Mª García Braga, presidenta da Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM presentou na sede da Federación a campaña de promoción do “DÍA DO PAI”, coa que se pretende fomentar o comercio local con motivo de dita festividade.

     Esta campaña, consistente na entrega de carteis e papeletas numeradas, sendo totalmente gratuíta para todos os establecementos asociados a FEBAM, que ofrecerán aos seus clientes a posibilidade de participar no sorteo de 2 Televisores de 14”;  2 DVD e 5 Vales compra de 20 €.

 

FEBAM informará e tramitará as subvencións do pequeno comercio para a adecuación ao seu entorno competitivo

Tui, 26/02/2008. A  Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, con sede social na Rúa Martínez Padín número 11, Tui, dirixirase nos próximos días a todo o pequeno comercio para informarlles da publicación dunha subvención que afecta a este tipo de establecementos no referente á informatización: “Subvencións para a Adecuación dos Establecementos Comerciais ao seu entorno Competitivo”.

          O obxectivo desta subvención é que estes establecementos  melloren os seus equipos e sistemas informáticos. É por elo que FEBAM informará a ditos establecementos cos aspectos máis importantes de dita subvención e levará a cabo os trámites da mesma de maneira totalmente gratuíta para tódolos asociados interesados.

   

FEBAM acolleu a entrega dos diplomas de “Conductor de Camión Pesado”

Tui, 26/02/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño fixo entrega, o 25 de febreiro as 19.30 horas, dos diplomas de “Conductor de Camión Pesado” aos alumnos que asistiron e remataron con aproveitamento o citado curso.

A entrega de diplomas foi levada a cabo polo delegado Provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo Rivas, que estivo acompañado por Ricardo José Martínez Rodríguez, como coordinador do curso, e Carmen Mª García Braga, en calidade de Presidenta de FEBAM.

 

FEBAM entrega hoxe os diplomas do curso de conductor de camión pesado

Tui, 25/02/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM) realizará o próximo luns 25 Febreiro o acto de entrega de diplomas do curso Fip de Conductor de Camión Pesado que se impartiu por esta entidade no mes de Setembro – Decembro 2007. O acto de entrega celebrarase na sede de Febam na Rúa Martinez Padin – 11 de Tui as 19 : 30 horas o que acudirá o Delegado Provincial da Consellería  de Traballo Pedro Borrajo Rivas e a Presidenta Carmen Mª García Braga.

 

FEBAM e Tuident asinan un convenio de colaboración

Tui, 16/02/2008. O pasado xoves, 14 de febreiro, ás 13.00 horas, reuníronse nas instalacións da Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM) Carmen Mª García Braga, como presidenta de FEBAM, e Ricardo Méndez Diz, como xerente e Protésico Dental da Clínica Dental Tuident, para a firma dun convenio de  colaboración entre FEBAM e Clínica Dental Tuident.

Este convenio permitirá aos asociados de FEBAM beneficiarse dunha serie de vantaxes como descontos na prestación de servizos de Odontoloxía Xeral e outros servizos totalmente gratuítos como consultas de urxencia

            As persoas interesadas en coñecer as ventaxes do convenio asinado entre FEBAM e Tuident poden achegarse ás oficinas da “Federación”, na rúa Martínez Padín, 11 – Tui, ou chamar por teléfono ao número 986 60 50 84.

 

O Folleto de ofertas de FEBAM dedicado ao “Día dos Namorados”

Tui, 16/02/2008. Con motivo da celebración do 14 de Febreiro, “Día dos Namorados”, a Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, dedico o  Folleto de Ofertas deste mes, cunha tirada de 6.000 exemplares, a este evento.

Este servizo que é totalmente gratuíto divúlgase por todos os establecementos comerciais da zona cun contido centrado nas ofertas que asociados de FEBAM desexan promocionar, estando vixente ata a saída do novo folleto do mes de marzo.

     

FEBAM entrega os premios da campaña Bo Nadal

Tui, 12/02/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM fará entrega hoxe martes na súa sé na rúa Martínez Padín nº 11, Tui, dos agasallos da Campaña  “Rasca e Gaña 2007”. Entre os agasallos sorteados hai unha Viaxe a Palma de Mallorca, 10 Televisores, 10 DVD’s e 10 Vales de Compra de 20 €.

 

FEBAM distribuye la cartelería de San Valentín

Tui, 09/02/2008. La Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM, con sede en la C/ Martínez Padín, 11 – Tui, con motivo de la celebración del “Día de San Valentín”, ha repartido entre sus asociados cartelería referente a este tema cuyo principal fin es fomentar y promocionar el comercio local.

 

         

Un Folleto de Ofertas recolle as promocións dos establecimentos asociados a FEBAM

Tui, 30/01/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM  de entre a ampla variedade de servizos que ofrece, está o de promocionar ós seus establecementos asociados mediante a elaboración dun Folleto de Ofertas quincenal.

              Neste folleto, cunha tirada de 5.000 exemplares que se distribúen en todos os establecementos comerciais da zona, aparecen as ofertas que os asociados queren promocionar.

              Ademais estes folletos van dedicados cada mes a un tema diferente, e así no mes de xaneiro recóllense as Rebaixas de Inverno.

    

   

FEBAM cursou 166 solicitudes dos seus asociados ante a Administración

A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, ofrece diferentes servizos, gratuítos para os seus asociados, entre os que se mencionan os relacionados coas “Xestións ante a Administración”, destacando os  trámites de solicitude de subvencións destinadas a Novos Emprendedores, por Minusvalías, para A Creación de Establecementos Turísticos, e mesmo para o emprego a través do programa “Emprender en feminino”.

            Polo número de solicitudes realizadas por parte dos asociados, FEBAM menciona as xestións de  Axudas destinadas a Promover Actuacións de Difusión e Formación relacionadas co Desenvolvemento da Sociedade da Información, do sector comercio.

Durante o pasado ano o servizo de “Xestión ante a Adminstración”, de FEBAM tramitou 166 solicitudes.

 

FEBAM e a empresa Comercial AMPHER asinan un convenio ventaxoso para os socios da Federación

Tui, 18/01/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, firmou o pasado 16 de xaneiro un convenio coa empresa Comercial AMPHER, S.L. na sección de Gases Industriais PRAXAIR.

Este convenio permite ofrecer un desconto especial aos asociados de FEBAM pola contratación e aluguer de novos envases para desenvolver a súa  actividade. No gabinete da Federación de Empresarios do Baixo Miño, asesorador da Industria e  do Comercio comarcal, facilitaranlle toda a información necesaria ás empresas que queiran beneficiarse deste convenio e de todos os servizos que ofrece FEBAM.

Tanto a través do teléfono 986 60 50 84 como persoalmente visitando a sede de FEBAM na rúa Martínez Padín, 11 de Tui, se informará máis polo miúdo das ventaxes deste convenio.

    

FEBAM levará a FITUR información promocional do Baixo Miño

Tui, 17/01/2008. Con motivo da celebración da Feira Internacional de Turismo- FITUR 2008, que terá lugar no Parque Ferial Juan Carlos I, Madrid a finais deste mes de Xaneiro, a Federación de Empresarios do Baixo Miño- FEBAM, con sede na rúa Martínez Padín Nº 11, solicitou información turística ao Concello de Tui para a súa distribución en tal evento así como os propios hoteis da zona a fin de promocionar o turismo de Tui e o de  todo o Baixo Miño.

 

FEBAM reclama aos responsables do goberno tudense que fagan cumplir a Lei de Horarios Comerciais de Galicia

Tui, 16/01/2008. A presidenta da Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM, Carmen Mª García Braga, dirixiuse ao concello de Tui para que vele polo cumprimento da Lei de Horarios Comerciais de Galicia, diante daqueles establecementos que non a respectan os domingos e festivos.

A presidenta de FEBAM adxuntou un comunicado da Consellaría de Innovación e Industria, con data de 4 de xaneiro, sobre esta materia e no que se recolle que

     Todos aqueles Concellos que non exerceran a facultade prevista na lei para adecuar os seus intereses comerciais, rexeranse polo disposto na Orde de 29 de outubro de 2007.  

     Esta orde establece que os establecementos poderán permanecer abertos ao público no ano 2008 cun horario máximo de 12 horas o 13 de xaneiro, o 19 de marzo, o 6 de xullo, o 1 de novembro, o 6 de decembro, o 14 de decembro, o 21 de decembro e o 28 de decembro.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2008.- Con motivo da entrada do novo ano, a Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria lembra que segundo o disposto no artigo 5 da Lei 13/2006, de 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán como máximo, de 8 ao ano, sendo determinados anualmente por Orde da Consellaría con competencias en materia de comercio.

     Non obstante, para os efectos de protexer os intereses comerciais nos diferentes concellos, calquera concello pode solicitar da consellaría competente en materia de comercio a modificación de dúas das datas de apertura permitida para o seu termo municipal conforme ao procedemento previsto no artigo 6 da devandita Lei 13/2006, de 27 de decembro.

     A Orde de 29 de outubro de 2007 sinalou os oito domingos e festivos nos cales se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2008. Mediante Resolución de 10 de decembro de 2007 publicáronse os cambios producidos na orde como consecuencia das peticións efectuadas polos concellos.

     Para todos os restantes concellos que non solicitaron o cambio sinalado rexerá o disposto na Orde do 29 de outubro polo que os oito domingos e festivos nos cales os establecementos poderán permanecer abertos ao público no ano 2008 cun horario máximo de 12 horas serán o 13 de xaneiro, o 19 de marzo, o 6 de xullo, o 1 de novembro, o 6 de decembro, o 14 de decembro, o 21 de decembro e o 28 de decembro. Neste sentido, a Consellería de Innovación e Industria velará polo cumplimento do disposto na devandita Lei 13/2006, de 27 de decembro, en condicións de igualdade para todos os cidadáns e cidadás.

 

Un viaje para dos personas a Palma de Mallorca, premio entregado ayer en la sede de FEBAM

Tui, 16/01/2008. En la tarde de ayer, a las 17.00 horas, tuvo lugar en la Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, el sorteo de la Campaña de Navidad “Bo Nadal 2007”, con la recogida de aproximadamente 75.000 papeletas de las 80.000 entregadas, cuyo premio consistía en un Viaje a Palma de Mallorca para dos personas.

     La papeleta ganadora fue entregada en el establecimiento de Tui “Automatismos Industriales Cerezo, S.L.” siendo el nombre del afortunado  Amancio González.

Por otra parte, teniendo en cuenta que esta campaña consistía en “Rasca e Gaña” obteniéndose numerosos premios directos como televisores, DVD’s y vales de compra, la relación de premios que aparecieron hasta el momento y el nombre de los afortunados así como el nombre del establecimiento que repartió la papeleta, es la siguiente:

Televisión: Rosana Ferreira Cidre, por comprar en el establecimiento “PC Micro”

Televisión: Paola Giraldo, por comprar en el establecimiento “Pleno Modas”

Televisión: Fernando Paradas Del Río, por comprar en el establecimiento “Miño Tecnic”

Televisión: Salome Alonso Ozores, por comprar en el establecimiento “Estrella Seguros”

DVD: Margarita Algibay Alonso, por comprar en el establecimiento “Centro Opticas”

DVD: Jorge Gregores Comesaña, por comprar en el establecimiento “Tu Kiosco”

Vale de Compra: Yolanda Diz Estévez, por comprar en el establecimiento “Claudia”

Vale de Compra: Carla Rodríguez Conde, por comprar en el establecimiento “Confitería Rogelio”

Vale de Compra: María Domitina, por comprar en el establecimiento “Charcutería Tebi”

     Tanto los establecimientos que han agraciado a su clientela como todos los demás participantes en la campaña, tendrán a su disposición en los próximos días la relación de las personas premiadas.

 

Cursos de Manipulación de Alimentos e de “Microsoft Excel 2003” organizados por FEBAM

Tui, 14/01/2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, de entre os cursos que oferta, organiza para o próximo mes de febreiro un novo Curso de “Manipulación de Alimentos” que terá tres horas de duración.

Así mesmo, xa se abriron as listas para todas aquelas persoas interesadas nun curso de Informática de “Microsoft Excel 2003”.

Prazas Limitadas

Os interesados nestes cursos poderán obter máis información  no teléfono 986 60 50 84 ou ben visitando a sede de FEBAM na Rúa Martínez Padín, 11 – Tui.

FEBAM entregó los premios correspondientes a las cartas enviadas a los Reyes Magos

Tui, 07/01/2008. La Federación de Empresarios do Baixo Miño, FEBAM, entregó, el pasado sábado día 5 de enero, a las 12 del mediodía los regalos a los niños y niñas que escribieron sus cartas a SS.MM los Reyes Magos de Oriente y las depositaron en los buzones que se habiltiaron en la sede de la Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM). Las cartas premiadas fueron entregadas por los establecimientos asociados : Charcutería Tebi, Merca 99, Moda Claudia y Quimera Publicidad.