FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BAIXO MIÑO

-FEBAM-

 

Rúa Martínez Padín, nº 11       Tui             Telf 986 60 50 84

         

Benvida

Noticias 2009

Hemeroteca

Noticias 2008

Entrevista

Enquisa

Asesoría

 

FEBAM amplía a Biblioteca Básica de Comercio

Tui, 26/05/2009. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, volve a por á disposición dos seus asociados a “Biblioteca Básica de Comercio”.

Nesta ocasión trátase xa do último manual pechando, así, a colección coa que se quería contribuír a unha maior formación dos/as profesionais do sector do comercio naqueles temas que sendo de máximo interese e actualidade teñen que ver coa súa actividade cotiá.

Preténdese dotar ao noso comercio dunha ferramenta de apoio onde se traten temas fundamentais dunha forma sinxela e práctica dándolle prioridade á elaboración de pautas e recomendacións adaptadas ás súas necesidades, mantendo unha posición competitiva: atención personalizada, maior coñecemento dos productos e, polo tanto, a posibilidade dun mellor asesoramento ás persoas que se achegan aos establecementos comerciais, sendo ademais fundamental obter unha diferenciación competitiva e un posicionamento baseado na calidade do servicio.

Con esta iniciativa, o obxectivo é consolidar o comercio de calidade e un sector económico de referencia

Este último manual é:

“Con todas as da lei”: NORMATIVA BÁSICA DO COMERCIO.- Sendo conscientes da complexidade que presenta a apertura dun establecemento así como a súa xestión, é difícil coñecer e cumprir todos os requisitos que elo supón. Ademais de cumprir toda a normativa legal, tamén debe cumprirse a normativa fiscal, contable e laboral.

Por todo isto, é necesario que o/a comerciante teña a información suficiente para poder cumprir coas súas obrigas e cumprir así a lexislación que lle é aplicable.

Ao longo deste caderno atópanse unha serie de consellos que indican cales son os trámites que hai que seguir para abrir un comercio. Ademais unha vez que o establecemento comercial abra as súas portas para realizar a súa actividade comercial debe cumprir a lexislación que lle afecta, por elo faise unha referencia á lexislación en materia comercial que é de obrigado cumprimento.

Finalmente  o caderno fai unha breve referencia ao sistema arbitral de consumo e ao seu funcionamento.

FEBAM saca un novo Boletín de Ofertas dos establecementos asociados

Tui, 23/05/2009. A Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM, no seu afán de seguir promocionando aos seus asociados saca este mes de maio un novo Folleto de Ofertas onde aparecen todas aquelas que os nosos asociados queren promocionar do seu establecemento estando vixente ata a saída do novo folleto do mes de xuño.

      Este folleto, servizo totalmente gratuíto para os nosos asociados e do que se fai unha tirada de 5.000 exemplares, dibulgándose por tódolos establecementos comerciais da zona, vai dedicado este mes a incentivar as compras no noso comercio local.

  

FEBAM entrega los diplomas del Curso de Técnicas de Diseño de Escaparates

Tui, 22/05/2009.  La Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM- informa que ayer, 21 de mayo, hizo entrega de los diplomas  a los alumnos y alumnas del Curso de Escaparatismo que se viene realizando en FEBAM  desde el 23 de abril.

Los alumnos asistentes a este curso obtuvieron de manos de la presidenta de FEBAM, Carmen María García Braga, el título que los acredita como Técnicos en Técnicas de Diseño de Escaparates.

Dicho curso que  se llevó a cabo en colaboración con el grupo FEMXA, tuvo una duración de 35 horas lectivas en modalidad presencial  y en horario de lunes a jueves de 20.30  a 22.30 horas en nuestras instalaciones de la calle Martínez Padín, 11 de Tui.

 

FEBAM amplía  a “Biblioteca Básica de Comercio”

Tui, 20/05/2009.  A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, volve a por á disposición dos seus asociados a “Biblioteca Básica de Comercio”, consistente na publicación de trece manuais, dos que xa se editaron oito.

Esta vez e seguindo coa publicación prevista os manuais que achegamos son:

 “Sei que me queres”: APUNTAMENTOS DE TÉCNICAS E PRÁCTICAS PARA A FIDELIZACIÓN DA CLIENTELA.- Os/as consumidores/as de hoxe en día, cada vez máis experimentados/as e esixentes contan con multitude de alternativas para realizar as súas compras. Neste sentido a captación de nova clientela faise cada vez máis difícil, polo que a estratexia do comercio polo miúdo debe pasar necesariamente polo mantemento da clientela. Así, neste caderno recóllense unha serie de pautas útiles para identificar e coñecer á clientela, así como distintos sistemas e estratexias que axudarán a fidelizala.

 “Envolto para que volte”: APUNTAMENTOS PARA O EMPAQUETADO E A PRESENTACIÓN DE ARTIGOS.- O comercio polo miúdo ten na relación personalizada e próxima coa clientela unha das súas principais ferramentas para competir satisfactoriamente coas outras fórmulas comerciais. Neste senso o empaquetado de productos é un xeito de que o pequeno comercio preste un servicio adicional á súa clientela. Ao longo deste caderno práctico do Comercio Galego atoparanse consellos prácticos para a correcta utilización de técnicas de empaquetado, que dun xeito sinxelo, e con poucos custos darán a posibilidade de fidelizar á clientela e por tanto aumentar a rendibilidade do establecemento.

“Coidando o meu ambiente”: APUNTAMENTOS PRÁCTICOS PARA A OPTIMIZACIÓN DO MEDIO AMBIENTAL.- Aquí preséntanse unha serie de sinxelos e prácticos consellos que axudarán ó comerciante a implantar medidas para a optimización ambiental do seu establecemento actuando, así, como elemento de sensibilización e concienciación ante a clientela, axudando, así, á creación dunha cadea de compromiso social co medio ambiente

 “O meu producto como “tic” queiras”: MODERNIZACIÓN NO PEQUENO COMERCIO.-  Nos últimos tempos estase asistindo a unha transformación non só nos hábitos de consumo, se non tamén nas canles de distribución e venda. Así, a venda a distancia e as tecnoloxías da información e da comunicación están introducindo unha nova forma de relación clientela – comercio. O presente caderno abordará por tanto as distintas aplicacións que para o pequeno comercio teñen as novas tecnoloxías, como ferramentas de información e comunicación.

  

Curso de Manipulador de alimentos de Febam o 18 de xuño

Tui, 19/05/2009.  A Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM, segue apostando pola formación tanto dos autónomos como dos traballadores e dentro da ampla variedade de cursos formativos que oferta, organiza o próximo día 18 de Xuño (xoves) un novo “Curso de Manipulación de Alimentos”.

Este curso, de tres horas de duración, é totalmente gratuíto para os asociados e levarase a cabo na sede da Federación, rúa Martínez Padín, 11 - Tui.

            O número de prazas é limitado, polo que todas aquelas persoas interesadas en asistir a este curso poden anotarse chamando ao número de teléfono 986 60 50 84 ou ben pasar pola sede da Federación para formalizala súa inscrición.

  

Curso de Manipulador de Alimentos organizado por FEBAM o 14 de maio

Tui, 13/05/2009. A Federación de Empresarios do Baixo Miño - FEBAM, dentro da ampla variedade de cursos formativos que oferta, organiza o próximo día 14 de Maio (xoves) un novo “Curso de Manipulación de Alimentos” de tres horas de duración que se levará a cabo na súa sede, rúa Martínez Padín, 11 - Tui.

O número de prazas é limitado, polo que todas aquelas persoas interesadas en asistir a este curso poden anotarse chamando ao número de teléfono 986 60 50 84 ou ben pasar pola sede da Federación para formalizala súa inscrición.

   

FEBAM premiou a fidelidade dos clientes co comercio de Tui

Tui, 07/05/2009. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, con sede na Rúa Martínez Padín número 11, Tui, fixo onte, mércores 6 de maio, o sorteo da Campaña de Promoción do “Día da Nai”.

Esta campaña contou cunha importante participación e acollida por parte tanto dos comerciantes como dos clientes recolléndose aproximadamente 30.000 tickets que deron a posibilidade aos clientes de participar no sorteo de:

Un Vale Compra por valor de 50 €

5 Vales Compra por valor de 20 €

5 Vales Compra por valor de 10€

Dous DVD

Os establecementos que repartiron a sorte foron:

Pleno Modas, Automatismos Industriales Cerezo, Gesván, Claudia, Volvoreta, Seguros La Estrella, Cafetería O’Irlandés,  Merca 99, Quimera Publicidade, Clínica Veterinaria San Roque, Limiano e Efectos

Os establecementos que premiaron ós seus clientes serán informados puntualmente coa carteleira necesaria e tódolos demais establecementos participantes en dita campaña disporán dunha circular informativa desta campaña.

 

 
Noticias por meses-2009
bullet

Xaneiro

bullet

Febrero

bullet

Marzo

bullet

Abril

bullet

Maio

bullet

Xuño

bullet

Xullo

bullet

Agosto

bullet

Setembro

bullet

Outubro

bullet

Novembro

bullet Decembro

Reportaxes-2009